A través dos talleres de hidroponia, experimentouse na construcción e posta en funcionamento dun sistema hidropónico. A idea céntrase no traballo cun sistema “mini” fácilmente escalable a sistema industrial.
A partires da construcción con tuvarias de PVC, bombas e sistemas de control, traballouse na producción de leitugas. Os participantes puideron, non só traballar e experimentar, senón analizar a evolución do cultivo, custos de producción, resolución de problemas, etc.
O desenvolvemento desta producción foi parexo coa producción baixo luz artificial (led), de xeito que se puideron facer análises de evolución e custos en ambos sistemas, e entre estes e a producción en bancais tanto artesanal como en permacultura.

